O suxeito pasivo obrigado ao pagamento da débeda tributaria é único, ainda que concorran varios cotitulares sobre un mesmo obxecto tributario.
Sen embargo, cando un ben inmoble pertence a varios titulares, existe a posibilidade de que cada ano pague o imposto un cotitular, sempre e cando con relación co devandito inmoble este cotitular figure inscrito no Catastro.
Aqueles cotitulares que desexen que a partir do ano seguinte realice o pagamento outro cotitular.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubrindo a solicitude dispoñible nesta páxina e entregándoa no Rexistro Xeral do Concello.
Deberá presentarse ata o 31 de marzo para que cause efectos para o exercicio actual. Con posterioridade a este prazo o cambio terá efectos para o ano seguinte.
A solicitude implicará o cambio de cotitularidade como suxeito pasivo nos exercicios económicos seguintes en tanto non solicite un novo cambio de suxeito pasivo.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).