A efectos das competencias de inspección e control sobre o estado da vía pública por parte dos Servizos de Infraestruturas e Obras e Circulación Viaria, os solicitantes da reserva de ocupación en viarios públicos, rúas ou beirarrúas de propiedade municipal, estarán obrigados a formular a baixa do aproveitamento unha vez retirados os elementos que motivaron dita reserva.
Mediante este trámite solicita dar de baixa a reserva de ocupación de vía pública para:
A. Valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.
B. Aparcadoiro exclusivo.
As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que cesen no aproveitamento en especial do dominio público local cos elementos enriba sinalados.
A baixa ou cesamento do aproveitamento, nos casos do apartado A, tramitarase na data solicitada no impreso a condición de que sexa posterior á data de presentación . Se a baixa non coincide coa data fin da solicitude-autoliquidación, deberá realizarse a autoliquidación complementaria ata devandita data de baixa.
Nos casos do apartado B, a baixa terá efectos no fin de mes da data de baixa solicitada.
Deberá indicar obrigatoriamente o número de xustificante da autoliquidación que orixinou a autorización.
A efectos das competencias de inspección e control sobre o estado da vía pública por parte dos Servizos de Infraestruturas, Obras e Circulación Viaria, os solicitantes desta ocupación estarán obrigados a formular dita baixa da ocupación. De non haberse formulado esta baixa, a Administración Tributaría do Concello poderá requirir o pago das taxas devengadas xunto coas recargas e sancións tributarias procedentes.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).