Coa finalidade de axilizar a circulación e diminuír a conflictividade do tráfico nas vías máis conxestionadas da nosa cidade, establécese que os vehículos con masa máxima autorizada superior a 10.000 Kg. que circulen polo término municipal de Vigo desde as 8:00 horas ás 22:00 horas, deberán facelo obrigatoriamente polas rutas establecidas no Anexo da Ordenanza municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas.
Non poderán circular fóra das rutas establecidas, durante o mencionado horario, sen estar provistos dunha autorización especial que deberá ser colocada no parabrisas dianteiro do vehículo, de forma ben visible.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Para obter a autorización anual especial para circular fóra das rutas e horario establecido na correspondente ordenanza, debe cubrir o formulario web nesta páxina, e presentar a solicitude resultante xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.
Debe facer a solicitude con polo menos 2 días hábiles de antelación á data do servizo.
Será infracción grave circular polo término municipal fóra das rutas establecidas no Anexo da Ordenanza reguladora das operacións de carga e descarga
Deberá levar a autorización expedida pola Policía Local nun lugar visible do parabrisas do vehículo ou vehículos a disposición dos axentes de autoridade da Policía Local.
Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).