
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para todos os efectos administrativos.
Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente. Quen viva en varios municipios, ou en varios domicilios dentro do mesmo municipio, deberá inscribirse únicamente no que resida durante máis tempo ó ano.
Toda persoa que fixara a súa residencia habitual no municipio de Vigo, procedentes doutro municipio ou do estranxeiro.
Asinada por todolos membros maiores de idade (nas casillas dos menores asinaran nai, pai ou titor legal).
Se a presenta de forma presencial sinatura manual, se a presenta por internet asianda dixitalmente.
Recomendable incluir un teléfono e un enderezo electrónico.
Un dos seguintes: DNI, NIE con foto, pasaporte, tarxeta de residencia, cédula de inscripción ou resgardo de protección internacional.
Obrigatorio o DNI para maiores de 14 anos.
No caso de presentación online asinados dixitalmente polo titular (no caso de menores por un dos proxenitores)
Se está caducado: pode aportar o resgardo de renovación pagado xunto con unha copia do documento caducado.
A través da Carpeta Ciudadana:
1. Precisas un dos seguintes: certificado dixital ou DNI electrónico ou chave permanente ou PIN-SMS do Concello de Vigo.
2. Cubrir o formulario de solicitude.
3. Achegar a documentación requirida asinada electrónicamente.
O empadroamento será efectivo trala revisión por parte do Servizo de Estatística e oportuna notificación ao interesado.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
1. Cumprimentar a Folla de Inscrición / Modificación do Padrón de Habitantes (disponible nesta páxina e na oficina de Estatística do Concello).
2. Levar a documentación necesaria (seralle devolta).
3. Presentala no concello.
Hai duas opcións:
No servizo de estatística:
No rexistro xeral:
O prazo máximo de resolución é de 3 meses.
- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
Concello de Vigo - Planta Baixa
Praza do Rei nº1 36202 - Vigo
Horario: de 9:00 a 13:30
Teléfono: 986 81 01 32
Email: ofi.estatistica@vigo.org
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).