Obxectos Perdidos

Recepción e entrega de obxectos achados na vía pública.

A Policía Local de Vigo informa que os usuarios serán atendidos de forma permanente e de forma presencial na Oficina Administrativa de policía, situada na Praza do Rey s/n, de luns a venres (días hábiles) e en horario de 9 a 13:30 horas, telefonicamente a través do número 986 233 002 ou no correo electrónico obxectos.perdidos@vigo.org

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Presentándose na oficina de obxectos perdidos.

Por teléfono

Facendo a consulta no teléfono: 986 233 002

Observacións

Desde a oficina de achados fanse xestións para localizar ao propietario do obxecto achado, no entanto, o interesado que achase o obxecto perdido e o depositase, pode solicitar a entrega do mesmo, se transcorridos máis de dous anos, non foi recollido polo seu lexítimo propietario ou posuidor.

Oficinas

  • Oficina de obxectos perdidos

    Praza do Rei s/n, de luns a venres (días hábiles), telefonicamente a través do número 986 233 002 ou no correo electrónico obxectos.perdidos@vigo.org

    Horario: de 9 a 13:30 horas

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información