Terán dereito de acceso, previa autorización, ao Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, aquelas persoas que pretendan axudar as persoas de avanzada edade ou con condicionantes de mobilidade que residindo na zona afectada precisen ser recollidas ou trasladadas mediante un vehículo, e non se atopen en ningún dos supostos anteriormente regulamentados.
A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.
Persoas empadroadas no Casco Vello de Vigo e de avanzada edade ou con condicionantes de mobilidade que residindo na zona afectada precisen ser recollidas ou trasladadas mediante un vehículo, e non se atopen en ningún dos supostos anteriormente regulamentados.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro do Xeral Concello..
Os titulares de autorizacións están obrigados a comunicar ao Concello de Vigo, no prazo máximo de quince días hábiles, calquera modificación respecto á titularidade do vehículo, residencia do propietario e demais datos e circunstancias tidas en conta na concesión da autorización. De non se comunicar as modificacións operadas, o Concelleiro Delegado poderá denegar a súa renovación por un período máximo de tres anos.
Se se produce un cambio de vehículo deberá realizar novamente a solicitude coa documentación pertinente.
Datos a comprobar pola administración:
1. O interesado deberá estar empadroado na zona na que solicita o acceso
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).