Trámite que informa sobre como realizar o pago das denuncias de tráfico impostas pola Policía Municipal.
Calquera persoa física ou xurídica.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Pode pagar a multa:
1. No acto, ao axente da autoridade, no caso de que o infractor non acredite a súa residencia legal en territorio español.
2. Calquera das oficinas de ABanca dentro do prazo fixado na notificación.
Conformidade coa denuncia
Se paga a multa voluntariamente, no prazo de 20 días naturais, o importe da mesma reducirase nun 50%. Este pago reducido implica: a renuncia a formular alegacións (no caso de que se formulen teranse por non presentadas), a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución expresa o día en que se realice o pago, a firmeza da sanción en vía administrativa desde ese momento. Ao finalizar o procedemento co pago reducido só poderá recorrer á vía xurisdiccional contencioso-administrativa. O prazo para interpor recurso contencioso-administrativo iníciase ao día seguinte ao do pago.
Desconformidade coa denuncia
No prazo de 20 días naturais seguintes á da recepción da notificación poderá alegar ante o órgano instrutor, mediante escrito dirixido ao rexistro xeral do Concello de Vigo, canto estime conveniente ao seu defensa, así como propor as probas que estime oportunas. Ultimada a instrución do procedemento, á vista do alegado ou probado polo denunciante e denunciado e, practicada audiencia ao interesado no seu caso, o órgano instrutor elevará proposta de resolución ao órgano competente para sancionar (Sr. Concelleiro Delegado de Mobilidade, Transportes e Seguridade) para que dite a resolución que proceda.
Se o denunciado non formula alegacións nin abona o importe da multa no prazo anteriormente sinalado, o contido da notificación de denuncia servirá de acto resolutorio do procedemento sancionador. Isto implica que se procederá á execución da sanción transcorridos 30 días naturais desde a notificación da denuncia.
As multas non abonadas durante o procedemento terán que facerse efectivas dentro dos 15 días naturais seguintes á data da firmeza da sanción. Vencido o anterior prazo, o cobro levarase a cabo pola vía de prema.
Horario: De 9 a 13:30 horas e de 16 a 18 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9 a 13:30 horas).
Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9:00 a 13:30 horas).
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).