Terminadas as obras de edificación, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza, porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación, xunto coa documentación preceptiva.
Antes da comunicación previa de primeira ocupación da edificación deberán cumprimentarse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización ....).
Calquera persoa física ou xurídica.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.O promotor comunicará ao concello a intención de levar a cabo a primeira ocupación cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data
Comunicación previa: documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.
A presentación dunha comunicación previa non é unha autorización administrativa tácita, senón un medio para que a administración coñeza a existencia da actuación de que se trate e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. Constitúe un titulo habilitante de natureza urbanística correspondendo a os seus titulares axustarse as condicións indicadas na comunicación e as demais exixidas polo ordenamento xurídico.
O transcurso do prazo de quince días hábiles sen que o Concello declare completa a documentación presentada, ou requira a emenda das deficiencias que presente a documentación, non habilita para a ocupación das edificacións se as obras non están rematadas, cumprimentáronse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización ....) e a edificación non se axusta a licenza autorizada sen modificacións substanciais, requisitos que, o interesado na súa comunicación, manifesta que cumpre baixo a súa responsabilidade.
Advírtese que, o Concello dispón de posteriores facultades de comprobación, control e inspección sobre os actos e usos do solo. A responsabilidade solidaria, respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado, é atribuída na lexislación a quen promove as obras, a quen ten a propiedade dos terreos, aos empresarios das obras, aos técnicos redactores do proxecto e os directores das obras e da súa execución. (artigo 160.1 da Lei 2/2016 do solo de Galicia).
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).