En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa
Mediante a comunicación previa as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración Pública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da lei 30/1992, de 23 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Son obras menores as caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense neste concepto as obras enumeradas na seguinte relación:
Relación de obras menores suxeitas ao réxime de comunicación previa
1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
1a. Limpeza e desbroce interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo.
1b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
2. Mantemento de fachadas dos edificios:
2a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)
2b. Limpeza e pintado de fachadas.
2c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
3. Mantemento de cubertas dos edificios:
3a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
4a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desagüe ou similar)
4b. Novas instalacións non encastradas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
4c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
5a. En paredes, solos e falsos teitos.
5b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito no apartado seguinte.
Calquera persoa física ou xurídica.
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Importante: Non poderá completar a solicitude se non achega toda a documentación requirida. Teña preparada devandita documentación en formato dixital para achegala no momento en que se lle pida.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, ou solicitar o impreso na Xerencia de Urbanismo, e presentar o impreso de solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento.
Unha vez feito o pago, presente o impreso, xunto coa documentación requirida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo.
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).