Solicitude de reembolso dos custos por avais

Mediante este procedemento pode solicitar o reembolso do custo das garantías achegadas para:

- Suspender a execución do acto impugnado anulado por sentenza ou resolución administrativa firme.

- Aprazar ou fraccionar o pago dunha débeda anulada por sentenza ou resolución administrativa firme.

A quen está dirixido

Aos depositantes de calquera tipo de garantía que teña por obxecto a suspensión do procedemento de recadación sempre que a resolución do recurso interposto fora favorable ao depositante da garantía.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.



Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe presentar na oficina de Rexistro do Concello de Vigo o impreso normalizado de solicitude xunto con toda a documentación requirida.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de reembolso dos custos por avais Inadmitiranse as solicitudes que se presenten nun modelo distinto.
    • Copia da resolución administrativa ou sentenza xudicial firme
      pola que se declare improcedente total ou parcialmente o acto administrativo ou débeda cuxa execución se suspendeu.
    • Acreditación do importe ao que ascendeu o custo das garantías
      cuxo reembolso se solicita e indicación da data efectiva de pagamento.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información