O titular da licenza de Taxi poderá transmitila cando a houbese ostentado durante 2 anos como mínimo.
Ao titular da licenza.
Os adquirentes deberán acreditar o exercicio da profesión como conductores asalariados de titulares de licenza que prestan servizo con plena ou exclusiva dedicación na profesión por un período mínimo de un ano.
Presentando a solicitude a través da carpeta do cidadá, xunto coa documentación requerida. Pasados 2-3 meses recibirá notificación no seu domicilio sobre a estimación ou desestimación da solicitude de transmisión da licenza, así como a cota a pagar en concepto de taxa establecida no artigo 4 da Ordenanza 11 reguladora das taxas relativas ao servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá presentar a solicitude, xunto coa documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Pasados 2-3 meses recibirá notificación no seu domicilio sobre a estimación ou desestimación da solicitude de transmisión da licenza, así como a cota a pagar en concepto de taxa establecida no artigo 4 da Ordenanza 11 reguladora das taxas relativas ao servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles.
Cando o titular da licenza a ostente un mínimo de dous anos, se ben neste caso e non se encontre en situación de xubilación ou incapacidade laboral.
Neste caso, non poderá o transmitente adquirir nova licenza municipal no prazo de cinco anos por ningunha das formas prescritas na presente ordenanza.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).