Toda persoa ten dereito a esixir ante os órganos administrativos e os Tribunais Contencioso-Administrativos a observancia da lexislación e demais instrumentos de ordenación territorial e urbanística mediante a interposición da correspondente denuncia ou recurso contencioso-administativo.
Poderá interpoñerse durante a execución de obras ou usos presuntamente ilegais e ata o transcurso dos prazos establecidos para a adopción das medidas de protección da legalidade urbanística.
En Galicia o prazo para esixir a restauración da legalidade urbanística respecto de obras terminadas sen título habilitante (licenza ou comunicación previa) é de seis anos desde a total terminación das obras.
Calquera persoa física ou xurídica.
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar a denuncia urbanística online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación complementaria quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Para obter unha maior celeridade e eficacia na tramitación das denuncias solicítase que utilicen o modelo que se facilita nesta web e presentalo persoalmente no rexistro da Xerencia de Urbanismo ou nos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións públicas (en outro rexistro administrativo vencellado, en Correos, etc.).
As medidas para a protección da legalidade urbanística encomendadas ás entidades locais pola lei de solo de Galicia atenden á protección do interese xeral consistente no debido cumprimento da normativa urbanística. Resultan irrelevantes nesta encomenda legal os intereses particulares das persoas denunciantes, toda vez que o ben público a protexer é o respecto á normativa urbanística de aplicación e non os intereses particulares que, por lexítimos que poidan ser, non teñen por que coincidir co interese xeral.
Os danos causados por particulares en propiedades privadas non corresponde dilucidalos nin resarcilos á Administración municipal, correspondendo a vía civil a canle axeitada para dirimir estes conflitos.
O Plan de Inspección Urbanística do Concello de Vigo establece a orde de prioridade na tramitación das denuncias urbanísticas presentadas ante esta Administración municipal.
A presentación dunha denuncia urbanística non confire á persoa denunciante a condición de persoa interesada nas actuacións administrativas de protección da legalidade urbanística que se practiquen en relación ás obras ou usos denunciados. A condición de persoa interesada adquírese de conformidade co establecido na lexislación de procedemento administrativo común, sen prexuízo do acceso á información pública, arquivos e rexistros de acordo co previsto na lexislación en materia de transparencia e bo goberno e demais normativa concordante.
Xerencia Municipal de Urbanismo
Praza do Rei s/n, andar -1, 36202 Vigo
Teléfono: 986 810 349
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).