Solicitude de eventos e festas populares

A celebración de festas e eventos populares, na medida que comportan unha ocupación especial e temporal das vías ou espazos públicos de titularidade municipal afectados polo evento, require da preceptiva autorización da Administración.

Este réxime de control intensifícase cando o acto de ocupación comporta a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias, especialmente as que requiran da instalación de escenarios e estruturas móbiles.


A quen está dirixido

Calquera persoa xurídica.


Como facelo

Por Internet

Pulse no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web e presentar o documento resultante, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

A solicitude e documentación requirida debe ser presentada no Concello de Vigo 21 días hábiles antes do inicio do evento.

Documentación requirida

Observacións

Todo aproveitamento na vía publica esta suxeito ás correspondentes taxas salvo os eventos que sexan eximidos das mesmas por parte da concellería competente. O importe das taxas serán remitidas pola Administración de Tributos en aplicación da ordenanza fiscal reguladora en función do tipo de evento, ocupación solicitada, duración e categoría de vía. O xustificante do pago das taxas terá que ser remitido á Área de Seguridade e Movilidade xunto co resto de documentación esixida para proceder á autorización do evento.

Os eventos na vía pública están suxeitos a unha Declaración Xurada do promotor do evento e Declaración Responsables da propiedade de cada instalación desmontable existente no evento. Estes documentos deben se remitidos ao Concello de Vigo antes da celebración do evento xunto co Plan de Autoprotección ou Plan de Emerxencia no seu caso.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Seguridade e Mobilidade Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información