Pode imprimir directamente dende Internet de forma gratuita o xustificante de empadroamento do padrón municipal de habitantes tanto o seu como o de calquera membro da súa familia.
Pode solicitalo calquera persoa empadroada no Concello de Vigo.
Pode imprimir directamente dende Internet de forma gratuita o xustificante de empadroamento do padrón municipal de habitantes tanto o seu como o de calquera membro da súa familia.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Solicitalo na oficina de estatística dentro do horario de oficina.
USO DOS XUSTIFICANTES DE EMPADROAMENTO (Válidos para a maioría das xestións)
- DNI e Pasaporte (No caso de alta e modificación de datos)
- Matrículas de instituto, colexios e garderías
- Bono Bus
- Tarxeta da Seguridade Social, nova ou de cambio de zona
- Xefatura de Tráfico (altas, transferencias, matriculacións, modificación datos..)
- IGVS, tramitacións varias: renovacións de créditos, adquisión primeira vivenda, ...
- Tramites coa Axencia Tributaria (Facenda)
- Adopcións nacionais. Adopcións internacionais (iniciación do trámite)
- Colexiarse nos colexios profesionais
- Trámites INEM
- Solicitude de bolsas (non en todas as universidades)
- Cursos de formación (quilometraxes)
- Instalacións municipais (piscinas, escola de música, escola de danza, Universidade Popular..)
- Tarxetas de aparcadoiro de minusválidos e de residentes
- Matrimonio civil
- Cheques asistenciais
- RISGAS
- Parellas de feito
- Padrón de cans perigosos
- Subvencións comunidade autónoma (Xunta de Galicia)
- Declaración de herdeiros
- Bono social electricidade
- Bono social teléfono
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).