Prestación do servizo de elaboración dos informes / partes con actuación da policía local, excepto os casos de accidentes de circulación no que deberá pedir o informe (atestado) de accidente de circulación (ver trámites relacionados).
Persoas físicas ou xurídicas que sexan parte interesada na información ou documento que se solicita.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
O informe solicitado poderá recollelo na oficina de Información do Concello de Vigo no prazo de 10 – 15 días a partires da entrega da solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, tendo en conta que ditos informes recíbense nesta oficina cada martes.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
10 – 15 días a partires da entrega da solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).