Poderá fraccionarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, trala petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira, discrecionalmente apreciada pola Administración Municipal de conformidade coas regras dos artigos 41 e seguintes da Ordenanza Fiscal Xeral, impídalles, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.
Non obstante o anterior inadmitiranse as solicitudes de fraccionamento que inclúan débedas en período voluntario e outras en vía executiva, polo que deberán presentarse en distintas solicitudes.
Calquera persoa que pola súa situación económica-financeira non poda, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos coa Administración Municipal.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Na petición de fraccionamento farase constar, ademais dos datos identificativos do suxeito pasivo e da débeda, as causas que motivan a solicitude de fraccionamento, os prazos e restantes condicións que se solicitan, e a garantía que se ofrece. Á solicitude achegaráselle a documentación requirida e presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Como regra xeral, o solicitante deberá ofrecer garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución coas salvedades reguladas no artigo 82 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Cando se xustifique que non é posible obter o aval, ou certificado, ou que con isto se compromete seriamente a viabilidade da actividade económica, o órgano competente poderá admitir outras garantías.
A garantía cubrirá o importe do principal e dos xuros de demora que xere o fraccionamento, máis un 25 por cento da suma de ambas partidas. A garantía constituída mediante aval deberá ser por termo que exceda cando menos en seis meses ao vencemento do prazo ou prazos garantidos.
O órgano competente poderá dispensar total ou parcialmente das garantías exixibles, nos termos que estableza a norma regulamentaria de aplicación, cando a persoa debedora careza de medios suficientes para garantir a débeda e a execución do seu patrimonio puidese afectar ao mantemento da capacidade productiva e do nivel de emprego da actividade económica respectiva ou ben puidese producir graves quebrantos para os intereses da Facenda municipal.
Por razóns de economía e eficiencia na xestión de cobro, a cota mínima mensual resultante do fraccionamento solicitado non poderá ser inferior a 30 euros.
Cálculo de intereses: Calcularanse os intereses correspondentes a cada fraccionamento polo tempo que transcorra ata o vencemento de cada fracción.
Tramitación e resolución:
- A Recadación do Concello tramitará as solicitudes de fraccionamento examinando e avaliando a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos conforme o disposto nas normas regulamentarias de aplicación, formulando a correspondente proposta de resolución ao órgano competente para a súa aprobación.
- O órgano competente para a resolución das solicitudes de fraccionamentos de pagamento é a Alcaldía.
- A resolución notificarase conforme a normativa regulamentaria de aplicación xunto co cálculo de intereses e procedemento en caso de falta de pagamento.
-De acordo co establecido no art. 65,5 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria: As solicitudes de fraccionamento en período executivo poderán presentarse ata o momento en que se notifique ao obrigado o acordo de alleamento dos bens embargados. A Administración tributaria poderá iniciar ou, no seu caso, continuar o procedemento de prema durante a tramitación do aprazamento ou fraccionamento.
- Durante a tramitación da solicitude o debedor deberá efectuar o pago da fracción ou fraccións propostas naquela, podendo, no caso contrario, denegarse a mesma por concorrer dificultades económico-financeiras de carácter estrutural.
Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9:00 a 13:30 horas).
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).