Mediante este trámite poderá solicitar licenza para as obras de demolición de edificacións.
De conformidade co artigo 2.6.3 das Normas urbanísticas do plan xeral, son obras de demolición ou derruba aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte deste.
Calquera persoa física ou xurídica.
Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).