Certificado de non ter débedas polo Imposto de Bens Inmobles (IBI)

Mediante este certificado acredítase que o inmoble causante desta solicitude non ten débedas polo Imposto de Bens Inmobles.

Como facelo

Por Internet

Unha vez que cubra os datos prema no botón de tramitar e imprima o resgardo da solicitude.

Unha vez feito o pago e rexistrada a solicitude, o certificado solicitado estará dispoñible na súa carpeta cidadá cando estea realizado (aproximadamente 1 día hábil).



Presencialmente

Debe presentar no Rexistro do Concello o impreso de solicitude normalizado indicando o enderezo do ben inmoble xunto co resgardo do pagamento da taxa. Pasados 2 días hábiles poderá vir recollelo á ventanilla de recadación voluntaria.

Documentación requirida

    • Impreso de pagamento da taxa pola expedición de documentos
  • No caso de que o solicitante actúe a través de representante, ademais:
    • Fotocopia do DNI (do representante)

Oficinas

  • Tesorería Municipal - Recaudación Voluntaria

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Pranta Baixa 36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 133
    Email: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información