Solicitude para a cesión do uso gratuito do Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo” con cargo aos días de libre disposición cos que conta o Concello de Vigo, naquelas datas en que as instalacións estean dispoñibles.
A cesión terá como finalidade principal o desenvolvemento de actividades socioculturais e/ou educativas, de interese para a cidade.
- Institucións públicas.
- Colexios ou centros de ensino de primaria, secundaria, bacherelato e, ciclos formativos ou equivalentes, que radiquen no Concello de Vigo.
- Persoas ou entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro municipal de asociacións ou que ben polo seu ámbito espacial ou polos seus fins non precisen da inscripción no rexistro municipal de asociacións.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
As solicitudes de cesión realizaranse, dacordo co modelo aprobado, a través do Rexistro Xeral, cunha antelación mínima de seis meses respecto do inicio da actividade que se pretende desenvolver.
As solicitudes de cesión realizaranse cunha antelación mínima de seis meses respecto do inicio da actividade que se pretende desenvolver.
A solicitude da cesión de uso de balde dos espazos presupón que as persoas solicitantes e organizadores coñecen e aceptan as bases para utilización de balde do Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, así como o Réxime de Funcionamento do Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo” aprobado por acordo do Pleno Municipal de data 21.10.2011.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).