Certificado de empadroamento para solicitude de percepción de bono social para autónomos (art. 28 Real Decreto-Lei 11/2020)

Certificado de empadroamento individual/familiar aos efectos de solicitar a percepción do bono social para traballadores autónomos prevista no Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" y siga los pasos que se le indican.




Documentación requirida

Observacións

- O certificado expedirase aos efectos de acreditación da situación padroal, a fin de solicitar o bono social previsto no art. 28 do Real Decreto-lei 11/2020.

- Con carácter excepcional para este trámite, o certificado expedido aos efectos indicados enviarase á dirección de correo electrónico indicada polo interesado na solicitude.

- De conformidade co art. 28.7 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas “os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que acheguen” .

Pode consultar:

Resolución de 30 de xaneiro de 2015, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Coordinación de Competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades Locais, sobre instrucións técnicas aos Concellos sobre xestión do padrón municipal

Nota da Comisión Permanente do Consello de Empadroamento, en sesión telemática de 3 de abril de 2020, sobre a tramitación de certificados de empadroamento esixidos en virtude do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, que substitúe á Nota de 31 de marzo de 2020

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información