Pagamento do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE)

O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, establecido con carácter obrigatorio no RDL 2/2004 de 5 de marzo (TR da Lei Reguladora das Facendas Locais) e regulado de conformidade co que dispoñen os artigos 78 e 91 da citada disposición legal.

A quen está dirixido

O feito impoñible deste imposto está constituído polo mero exercicio en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non en local determinado e estean ou non especificados nas tarifas do imposto.

1.Están exentos do Imposto:

- As persoas físicas.

- Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades, as Sociedades civís e as entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral tributaria, que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 euros.

- Os suxeitos pasivos que inicien o exercicio da súa actividade a partir do un de xaneiro de 2003, durante os dous primeiros períodos impositivos deste imposto en que se desenvolva a mesma.

- As Asociacións e Fundacións de disminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro, nos termos establecidos no artigo 5 da Ordenanza Reguladora do Imposto.

- As Entidades sen fins lucrativos según o establecido no artigo 7 da lei 49/2002.

Como facelo

Por Internet

Este servicio permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet:

1. Cubra os campos baleiros marcados en gris (emisora, referencia, identificación e importe) copiando exactamente os datos que aparecen escritos no recibo que se lle enviou á casa.

2. Comprobe os datos do recibo e inicie o pagamento a través da pasarela segura de Abanca facendo uso da súa tarxeta de crédito.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Se non ten o pago domiciliado pode realizar o pagamento en calquera das entidades bancarias indicadas na carta de pago ou recibo. Debe facer o ingreso na entidade bancaria dentro do prazo de tempo que se establece cada ano.

Sancións

En todo o relativo a Infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ó disposto na Ordenanza Fiscal Xeral, Lei Xeral Tributaria.

Observacións

1. O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de declaracións de alta, en que abarcará dende a data de comenzo da actividade ata o final do ano natural.

2. O imposto devéngase o primeiro día impositivo e as cotas serán irreductibles, agás cando, nos casos de declaración de alta, o día de comezo da actividade non coincide co ano natural. Neste suposto, as cotas calcularanse proporcionalmente ao número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o do comezo do exercicio da actividade.

3. Os suxeitos pasivos que inicien o exercicio dunha actividade empresarial cualificada polo Concello como proxecto empresarial de interese municipal (PEIM), e tributen por cota municipal, gozarán, trala exención regulada no artigo 5.1.b) desta Ordenanza, durante os cinco exercicios seguintes dunha bonificación na cota do 50%.

4. Os suxeitos pasivos que inicien o exercicio de calquera actividade empresarial a partir do 1 de xaneiro do ano 2003, e tributen por cota municipal, gozarán trala exención regulada no artigo 5.1.b) desta Ordenanza, durante os cinco exercicios seguintes dunha bonificación na cota do 30%. Esta beneficio non será de aplicación no caso de que fose procedente a bonificación regulada no apartado 1) anterior.

5. Cando se realicen obras nas vías públicas que teñan unha duración superior a tres meses dentro do mesmo período impositivo e afecten a locais nos que se realicen actividades clasificadas na división 6ª da Sección 1ª das Tarifas, os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal terán dereito, previa solicitude e posterior informe técnico favorable, a unha reducción na cota do imposto do 50% no exercicio no que se desenvolveron as obras.

Oficinas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información