Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de ”Axudas Municipais á Contratación” no marco da actuación municipal para o ano 2024 que se integran na liña 2.6. Atención aos colectivos e as súas necesidades sociais: emprendedores/as do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024; ao seu efecto, ten por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación, favorecer a mellora das condicións e o emprego estable e de calidade das persoas traballadoras do municipio de Vigo, a través dos seguintes programas de axudas:
A) Programa Indefinidos: comprende a transformación a indefinido do contrato previo formalizado, e de ser o caso as súas prórrogas, en calquera das modalidades contractuais vixentes no período comprendido desde ó 1 de xullo de 2023 ao 30 de xuño de 2024 realizado á persoa traballadora pola que se solicita a axuda.
O contrato indefinido terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación e será superior ou igual ao contrato temporal do que deriva.
A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo alo menos desde o 1 de xaneiro de 2023 e prestará servizos no mesmo.
B) Programa Contratacións: Comprende a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2023 e ó 30 de xuño de 2024.
O contrato subscrito terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.
A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda resultará seleccionada entre as candidaturas remitidas desde a unidade de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e/ou desde o Servizo Público de Emprego de Galicia para o que previamente se remitirá a correspondente oferta de emprego. No caso de falta de candidaturas co perfil requirido admitirase á empresa solicitante a contratación dunha persoa traballadora que resulte do seu proceso de selección e reúna os requisitos desta convocatoria.
Quedan excluídas as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación nos casos de sucesión de empresas previsto no art. 44 do RDL 2/2015, do 23 de outubro.
C) Programa Mellora: Comprende a axuda para a mellora da estabilidade laboral no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2023 e ó 30 de xuño de 2024, a través das seguintes opcións:
- o incremento de xornada laboral do contrato formalizado de tempo parcial a tempo completo segundo estableza o correspondente convenio colectivo de aplicación.
- o incremento da duración anual do contrato fixo-descontinuo a un mínimo de 9 meses a xornada completa.
A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo alo menos desde ó 1 de xaneiro de 2023 e prestará servizos no municipio.
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas físicas (autónomos/as) e empresas privadas, con independencia da súa forma xurídica, as comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e as persoas emprendedoras que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.
Non poderán solicitar estas axudas as grandes empresas(*), as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.
(*) Empresa con 250 traballadores ou máis e un volume de facturación anual superior aos 50 millóns de euros ou un activo total que supera os 43 millóns de euros.
Poderá realizar a solicitude e enviar a documentación requirida de forma telemática a partir do 23 de abril de 2024. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro do Concello de Vigo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto coa documentación requirida no rexistro do Concello de Vigo.
Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).