Subvencións para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres durante o exercicio 2022.

Convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, cuxa finalidade é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento de programas e actividades encamiñados ao fomento e á consolidación do asociacionismo feminino, á promoción das mulleres en todos os ámbitos da vida pública e privada, así como na prevención e combate da violencia de xénero, que leven a cabo as entidades sen ánimo de lucro e que se realizasen desde o 30 de outubro de 2021 e o 31 de outubro de 2022 (ambos incluídos).

Cada entidade poderá presentar un único programa que cumpra algunha das seguintes finalidades:

1. - Atender as demandas e necesidades das mulleres en función das seguintes áreas de prioridade establecidas pola Concellería de Igualdade: Educación en Igualdade, Conciliación e Corresponsabilidade; Empoderamento e Liderado, Emprego e Formación, Violencia de Xénero, Atención á Diversidade e Promoción da Saúde e o Benestar.

2. - Promover o investimento de recursos sociais en accións positivas para as mulleres, que favorezan o acceso e permanencia das mulleres naqueles ámbitos onde se atopen subrepresentadas. Promovendo por exemplo: accións formativas en áreas e/ou sectores con escasa presenza feminina, acceso e permanencia de mulleres en postos de responsabilidade ou establecemento de medidas, accións e/ou dispositivos que visibilicen e faciliten a participación das mulleres pertencentes a colectivos en risco de exclusión.

3. - Organizar e promover actividades en ámbitos e/ou áreas tradicionalmente feminizadas, dirixidas á poboación masculina.

4. - Potenciar o asociacionismo feminino, a participación activa das mulleres nos órganos de toma de decisións das asociacións, así como a participación das mulleres en todos os ámbitos de actuación das organizacións.

5. - Impulsar a apertura de novas canles de intervención a favor das mulleres no eido socio-laboral, educativo e familiar, evitando perpetuar os roles tradicionalmente sexistas. Desenvolvendo tanto actividades de sensibilización, como proxectos con actuacións innovadoras que propicien a eliminación de roles e estereotipos de xénero.

6. - Favorecer actividades de investigación, educativas e/ou culturais encamiñadas a poñer en valor e visibilizar a contribución das mulleres á sociedade ao longo da historia.

7.- Promover e visibilizar as achegas e o papel que desenvolven as mulleres nos distintos sectores relacionados coa pesca (extracción, acuicultura, venda, investigación, etc) e/ou nos oficios derivados do mar, como redeiras, conserveiras, armadoras, mariscadoras, etc.

8.- Organizar actividades dirixidas a facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres: de carácter formativo, ou de carácter cultural, artístico ou de ocio.

9- Concienciar e formar a homes e mulleres a través da impartición de módulos formativos sobre xénero e Igualdade de Oportunidades (IO) impartidos por profesionais especializadas con formación acreditada neste eido.

A quen está dirixido

Entidades xurídicas sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo, se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións na data de presentación da solicitude e cumpran os demais requisitos que establecen as bases e convocatoria.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga as instrucións.

A solicitude non quedará rexistrada ata adxuntar a documentación requirida.




Prazos

Prazo de presentación de solicitudes: 28 de abril a 11 de maio de 2022 (ambos incluídos)

Documentación requirida

Observacións

Gastos subvencionables e importe máximo da axuda:

Serán gastos subvencionables os que de xeito indubidable correspondan á participación ou organización da actividade obxecto da axuda.

Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que se imputen ao programa subvencionado ata un máximo do 10% dos gastos directos.

Establécese a contía de 3.000 € como contía máxima da axuda a conceder por entidade beneficiaria.

A contía de cada subvención poderá chegar ata o 100% do custo da actividade, sen superar a contía da axuda máxima establecida en 3.000 € por entidade beneficiaria.

Oficinas

  • Servizo de igualdade

    Casa do Concello. 1º andar. Praza do Rei número 2, 36202 Vigo

    Teléfono: 986 810 284

    Correo electrónico: ofi.muller@vigo.org

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información