CP-005 Comunicación previa - a través de representante - de reforma de vivendas existentes que modifiquen a distribución interior sen afectar á estrutura do edificio
Obras de reforma de vivendas: son obras de redistribución do espazo interior dunha vivenda, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica que actue en representación doutra.
Como facelo
Por Internet
Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
Presencialmente
Prazos
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
Documentación requirida
-
Impreso de solicitude de comunicación previa
2 copias
-
Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
-
Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas
-
Copia das restantes autorizacións
e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
-
Proxecto técnico completo
redactado por técnico competente (incluído estudio de seguridade e saúde) e declaración do técnico ou técnicos facultativos que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
-
Oficio de dirección das obras
dirección da obra e dirección da execución da obra.
-
Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
-
Reportaxe fotográfica
-
Datos identificativos da persoa solicitante
-
Persoas físicas
DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
-
Persoas xurídicas
1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
-
Comunidade de propietarios
DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
-
No caso de edificacións en situación de fora de ordenación de carácter temporal
-
Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
-
No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
-
Memoria xustificativa
do cumprimento das condicións estéticas, co contido mínimo establecido no Anexo 2 da Ordenanza municipal de tramitación de licenzas.
Observacións
En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.
A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.
Oficinas