Solicitude / Autoliquidación de Expedición do Carné de Taxi (Permiso Municipal de Conductor)

Solicitude de expedición do permiso municipal de conducir.

A quen está dirixido

Persoas que resultaron con calificación de APTO, unha vez realizada a proba para a obtención do permiso municipal de taxi.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

O pagamento da taxa por expedición do permiso municipal deberá ser presentada no prazo de 15 días seguintes ó da publicación da correspondente acta da proba para a obtención do permiso municipal de taxi.

Documentación requirida

    • Pagamento das taxas por expedición de permiso municipal
      conforme o establecido na ordenanza de tributos e prezos públicos (ordenanza fiscal de taxis)

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Servizo de Transportes Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información