PO-001 Comunicación previa de primeira ocupación (solicitude a través de representante)

Terminadas as obras de edificación, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza, porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación, xunto coa documentación preceptiva.

Antes da comunicación previa de primeira ocupación da edificación deberán cumprimentarse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización ....).

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso de autoliquidación da taxa de licenza de primeira ocupación
    • Impreso de solicitude de primeira ocupación
    • Certificado de final de obra
      Certificado acreditativo da efectiva e completa finalización das obras subscrito por técnico competente, visado polo colexio profesional correspondente
    • Informe de ensaio
      que xustifique que se cumpre cos illamentos acústicos exixidos, de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia e as prescricións establecidas no capitulo I do Titulo III da Ordenanza Municipal de Proteccióndo Medio Contra a Contaminación Acústica e que as instalacións comúns do edificio non producen nas edificacións niveis sonoros superiores aos valores límite establecidos. No informe deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.
    • En seu caso, Boletín de Instalación das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións
      En edificios de mais de 20 vivendas ou uso non residencial, certificado final de obra (expedido polo Enxeñeiro ou Enxeñeiro técnico de Telecomunicacións), selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.
    • Certificación da axeitada execución das acometidas das redes de subministración
      emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos
    • Documentación xustificativa
      da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora.
    • Fotografías da totalidade das fachadas
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • No caso de variacións de detalle na obra executada
    • Memoria e planos da situación final da obra
      nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.
  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade
    • Certificación de fin de obra das instalacións
      conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan, asinada polo técnico director e visada polo correspondente colexio profesional.
    • Medicións sonométricas acreditativas do illamento acústico conseguido no local
      Se é o caso e de acordo co disposto ao respecto no manual de procedementos da vixente Ordenanza municipal de ruídos.  Todo elo en cumprimento do apartado 2 do artigo 15 da Ordenanza Municipal de Ruídos e punto 2 do apartado: Valores de Referencia e táboa 4 do seu Manual de Procedementos. As medicións deberán ser realizadas por empresa homologada pola Xunta de Galicia, asinadas por técnico competente a empresa homologada.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información