Impresión do Recibo para o Pagamento da Taxa de Exaccións Unificadas Industriais (EUI)

Vostede pode imprimir na súa propia casa os recibos das taxas e impostos municipais que se atopen en periodo de pagamento, sen esperar a que llos envíe o Concello e sen ter que vir ata as súas oficinas da praza do Rei.

Como facelo

Por Internet

Debe introducir o código tributario e o seu DNI/CIF. O código tributario é un número único que identifica o ben tributario. Pode obtelo do recibo do ano anterior.

Ao premer en Seguir creará un documento en formato PDF co seu recibo, que poderá imprimir na súa casa.

A través da Carpeta do Cidadán pode imprimir o recibo sen necesidade de ter que identificalo co código tributario xa que ten acceso directo aos seus datos.




Prazos

Pode imprimir o recibo sempre que este se atope en periodo de pagamento.

Oficinas

  • Tesouraría - Recadación

    Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información