Bonificación do 50% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) - Sistemas de aproveitamento de enerxía solar

Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto os inmobles de uso residencial durante os tres períodos impositivos seguintes á finalización de instalacións de sistemas de aproveitamento de enerxía solar.

A quen está dirixido

Aos suxeitos pasivos dos inmobles de uso residencial onde se instalen sistemas de aproveitamento de enerxía solar cos seguintes requisitos:

a) Que as instalacións foran obxecto de comunicación previa/licenza á Xerencia Municipal de Urbanismo.

b) Que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores homologados pola administración competente.

c) No caso de inmobles suxeitos ao réxime de propiedade horizontal que realicen unha instalación compartida para subministrar enerxía a todos ou a algún deles, só poderán beneficiarse da bonificación os inmobles vinculados á instalación.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Cubrindo a solicitude en documento regulamentado e entregalo, xunto coa documentación requirida, nas oficinas do I.B.I. solicitando cita previa

Documentación requirida

    • Impreso de Solicitude Xeral do Concello de Vigo Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello

      Indicar na solicitude o número de expediente da Xerencia Municipal de Urbanismo da comunicación previa/licenza de obra da instalación do sistema de aproveitamento de enerxía solar solicitada.

    • Certificado e/ou documento acreditativo
      Documento que xustifique que as instalacións para produción de calor inclúan colectores homologados pola Administración competente.
    • Factura do custe da instalación

Observacións

Esta bonificación concederase durante os tres períodos impositivos seguintes á finalización de instalacións de sistemas de aproveitamento de enerxía solar, debendo solicitala os suxeitos pasivos antes do 31 de decembro do ano anterior ao de aplicación da bonificación no IBI. Consultar disposición Transitoria da Ordenanza Fiscal reguladora do IBI.

Oficinas

  • Oficina do I.B.I. Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de I.B.I. Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 116 / 986 810 100 Extensión 1347

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información