Lei 2/2023 do 20 de febreiro, reguladora das protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
O Sistema Interno de Información é a canle preferente para que as persoas físicas, que obtivesen información nun contexto laboral ou profesional, poidan informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, isto é, infraccións graves ou moi graves e aquelas incluídas no anexo da Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión.
O Sistema Interno de Información garante a confidencialidade das comunicacións. Se o prefire tamén pode presentar a súa comunicación electronicamente de forma anónima a través do procedemento Comunicación anónima ante o sistema interno de información do Concello de Vigo
Se desexa recibir información do Sistema Interno de Información, deberá conservar e empregar o código único que lle facilitará a canle interna cando presente a súa comunicación.
Para maior información, pode consultarse o documento de Política do Sistema Interno de Información e de Garantías de Protección das Persoas Informantes no apartado "acordos e normativa municipal" na parte inferior desta páxina.
A través desta canle interna poderá presentar informacións que irán directamente ao Órgano Responsable do Sistema de Información. Pode consultar o acordo de creación do órgano responsable do Sistema Interno de Información no apartado "acordos e normativa" municipal na parte inferior desta páxina.
As persoas físicas que obtivesen información nun contexto laboral ou profesional sobre as infraccións das que informan. Para maior información, pode consultarse o documento de Política do Sistema Interno de Información e de Garantías de Protección das Persoas Informantes no apartado "acordos e normativa municipal" na parte inferior desta páxina.
A través da tramitación por internet terá acceso á deixar a súa comunicación de forma escrita ou empregando un sistema de mensaxería de voz.
Prema no botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe entregar o formulario de comunicacións ante o Sistema Interno de Información do Concello de Vigo e a documentación que considere necesaria na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Comparecencia: A persoa informante tamén poderá solicitar, polos anteditos medios escritos e verbais, unha reunión presencial para facilitar a información, que se fixará dentro do prazo máximo de sete días desde a súa solicitude.
Chamando ao teléfono 986 616 370.
Dirixido ao Órgano Responsable do Sistema Interno de Información do Concello de Vigo. Concello de Vigo. Praza do Rei 1, 36202.
Pode consultar a tramitación das comunicacións e os seus prazos accedendo ao acordo sobre "as actuacións e informacións previas a seguir na xestión do Sistema Interno de Información" na parte inferior da páxina.
Enlace a outras canles de información:
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).