Programa bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) 2025
O obxecto destas axudas económicas en forma de bolsas de estudo individuais é contribuir a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras do alumnado da EOIV, fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.A bolsa vai destinada a financiar os conceptos de gastos da viaxe, aloxamento da estancia de 2 semanas en destino, matrícula e custo do curso de inmersión lingüística, certificado ou diploma acreditativo da realización do curso e seguro.
A quen está dirixido
Alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV), Sede central e calquera das súas seccións.
Como facelo
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican, para tramitar a aceptación/renuncia.
Prazos
O prazo para aceptación expresa ou renuncia da bolsa, foi habilitado ao efecto contado dende o martes 20 de maio ao luns 26 de maio.
Oficinas
-
Servizo de Educación do Concello de Vigo
Concello de Vigo - Andar 11 36201 Vigo
Teléfonos: 986 810 181
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
-
Teléfono de Atención Cidadá
Desde Vigo 010 / Desde móbil ou fóra de Vigo 986810260.
Horario: Luns a Venres de 8 a 20 horas e Sábados de 10 a 14 horas