
Para mobiliario e equipamento do fogar, madeira e chatarra.
Método de recollida:
a) Coa solicitude, o cidadán indica o día en que desexa depositar os trastos. O día confirmarase mediante correo electrónico ou chamada telefónica ao solicitante.
b) O residuo debe depositarse na rúa entre as 21:30 e as 22:30 horas do día confirmado.
c) O residuo colocarase na rúa xunto ao contedor máis próximo ao domicilio, de tal xeito que no provoque danos a terceiros nin entorpeza o paso de peóns ou vehículos.
Unicamente domicilios particulares non se atenderán solicitudes de empresas, locais comerciais, autónomos, asociacións de veciños, centros culturais, comunidades de propietarios, centros educativos, centros médicos ou veterinarios, organismos oficiais, etc.
Deberá chamar ao teléfono 900 859 660 de luns a venres de 9 a 14 horas, ou no 010.
Tipos de residuos aceptados:
Residuos voluminosos. Aqueles de gran tamaño e uso frecuente no fogar, que non se poidan levar aos puntos limpos nunha bolsa de man.
• Poden ser en unidades (sofá, cadeira, porta, alacena de cociña, inodoro, ...)
• Poden ser en atados de ata 25 quilogramos de listóns, tarima flotante, rodapé, guarnicións, etc. (atados manexables por unha persoa soa)
• Os mobles de cociña e baño cuantifícanse por unidades. Cada alacena é unha unidade, o fregadeiro é unha unidade, a pileta é unha unidade, etc.
Tipos de residuos non aceptados:
a) Entullos (escombros), aparellos eléctricos ou electrónicos, vidros nin cristais nin espellos (o usuario deberá desmontalos e trasladalos aos puntos limpos). Non se aceptará mampara de ducha, fiestras ou portas co cristal, restos de obra, a encimera se é de pedra ou vidro.
b) Rodapé ou guarnicións que leven restos de cemento ou xeso de obra pegado.
Cantidad máxima de residuos por recollida:
Ata tres elementos de cada vez.
Enténdese por un elemento a: un armario de unha porta (empotrado ou non), un colchón, un Somier, unha mesa, unha cadeira, unha porta, un sofá, un sillón, etc.
Enténdese por elemento un atado de ata 25 quilogramos de material como: tarima, tarima flotante, chan vinílico (sintasol), marcos de portas, lamas de persianas, guarnicións, rodapé, listóns, soportes de cortinas, etc. Non se aceptará o atado que conteña restos de cemento ou xeso.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).